COMEZA O FESTIVAL AZUL 2026 NAS RÍAS BAIXAS

Anota ben as datas no teu calendario: do xoves 11 ao domingo 14 de xuño de 2026, a Ría de Vigo converterase no escenario principal dun amplo programa deseñado para que a cidadanía goce ao máximo do noso mar.

Co obxectivo de dar a coñecer e achegar a gran riqueza e diversidade de actividades náuticas que ofrece a nosa contorna, un ano máis, dende o Clúster Náutico Rías Baixas volvemos poñer en marcha o Festival Azul.

Durante estes catro días, os asistentes poderán vivir experiencias únicas que van desde o deporte máis activo con Bautismo de Surf, ata o lecer máis relaxante e cultural con Paddle Surf Pilates ou un atardecer nunha goleta.

A maiores, ¡este ano lanzamos a nosa nova Regata de Vela «Velas polo Alzheimer»! Queremos convidarte a formar parte dun evento único que une a paixón polo mar e a solidariedade, axudando a visibilizar e apoiar de preto esta causa na Ría de Vigo.

As prazas para todas as actividades son limitadas, polo que che recomendamos que non o deixes para o final e asegures a túa o antes posible.

Para participar, só tes que consultar o programa completo e preinscribirte a través dos nosos formularios en liña.

Podes facer clic directamente na ligazón xeral que atoparás aquí abaixo para acceder ao espazo de inscrición, ou premer na actividade que máis che interese dentro do listado. Unha vez cuberto o formulario, porémonos en contacto contigo para formalizar a túa reserva.

ACTIVIDADES NÁUTICO RECREATIVAS

Bautismo de Vela (Real Club Náutico de Vigo)

[COMPLETO]Bautismo de Vela (Club Marítimo de Canido)

[COMPLETO]Bautismo de Surf (PRADOSURF)

Paddle Surf (SurfVigo)

Paddle Surf Pilates (SurfVigo)

DragonBoat (Club piragüismo Olívico)

Regata Velas por el Alzheimer (Piratas de Nabia Naviera)

ACTIVIDADES EDUCATIVAS E CULTURAIS

Observatorio Nautilus (Fundación Traslatio)

Visita ao Hidria Segundo (Fundación Traslatio)

Obradoiro Identificación de Algas (SurfVigo)

[COMPLETO] Safarí Snorkel nas Illas Cíes (13Grados e MergulloBreogán)

ACTIVIDADES TURÍSTICAS E GASTRONÓMICAS

[COMPLETO]Cruceiro pola Ría de Vigo – Ruta do Mexillón (Piratas de Nabia Naviera)

[COMPLETO]Cruceiro pola Ría de Vigo – Ruta do Pulpo (Piratas de Nabia Naviera)

[COMPLETO]Showcooking

[COMPLETO]Atardecer goleta pola Ría (Bluscus)

Non perdas a oportunidade de vivir a Ría de Vigo coma nunca antes. Vémonos no mar!

Evento patrocinado por:

  • Consellería do Mar (Xunta de Galicia)
  • Secretaría Xeral para o Deporte
  • Autoridad Portuaria de Vigo

Coa colaboración especial de:

  • Abanca
  • ANFACO – CYTMA
  • Gadis